Molgas

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
  • default color
  • red color
  • green color
Presentacion de firmas PDF Imprimir E-Mail
martes, 12 de enero de 2010
 
 

VECIÑOS DE BAÑOS DE MOLGAS REIVINDICAN A SANIDADE QUE CUBRA A BAIXA DUN MEDICO

 

Fai mais dun ano que a praza esta sen dotar pola Consellería.

 

 Xaime Oscar Iglesias presidente da Federación de Asociacións de veciños “Val do Arnoia”, de Baños de Molgas, entregará o vindeiro venres día 15 ás 12 da mañán, as máis de 700 sinaturas recollidas para que a Consellería de Sanidade cubra unha das prazas de médico que dende fai mais dun ano esta vacante por mor dunha baixa.

 

ImageA entrega das sinaturas terá lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense. Despois de que todas as asociacións de veciños e outros colectivos colaboraran na recollida das sinaturas dado o malestar existente entre os veciños e os perxuizos e molestias que a falta do facultativo lles está a ocasionar.

 

Os representantes veciñais xa pediron tamén un pronunciamento e apoio da corporacion municipal e demandan que se cubra xa a praza que lembran esta asignada a este concello e cuxa falta, dende fai máis dun ano, merma considerablemente a calidade da asistencia sanitaria, á que lembran “todos temos dereito”.

 

A recollida de sinaturas foi un éxito total lográndose que a maioría dos veciños apoiase a inicitiva e a Federación non descarta outras medidas se esta xusta reivindicación non é atendida, cousa que sinalan, noutros concellos non pasa.

 

 

 

 

 

Para calquera aclaración ou mais información: Xaime Telf: 609728746

 
< Anterior   Siguiente >