Molgas

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
  • default color
  • red color
  • green color
Acta Asamblea do 31 xaneiro do 2009 PDF Imprimir E-Mail
sábado, 12 de diciembre de 2009

ACTA DA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE BAÑOS DE MOLGAS QUE TIVO LUGAR O DIA 31 DE XANEIRO DE 2009

En Baños de Molgas a 31 de Xaneiro do 2009 as 17:00 horas no lugar hotel Ansuiña  previa convocatoria en tempo e forma legal reunense os veciños do Pobo de Baños de Molgas para celebrar a sesión extraordinaria da Asociación de Veciños  cos seguites puntos a tratar:

 1º Actividades desenroladas

2º Actividades a desenrolar

3º Estado de contas

4º Rogos e Preguntas

1º Punto

O presidente da Asociación de Veciños José Manuel Rodríguez Fernández comunica os asistentes das actividades desenroladas o longo do ano dende a Asociación de Veciños as cales foron:

- Organización do XXVII Magosto Popular

- Inscricción  no Rexistro Prestadoras Servicios Sociais

- Inscricción no censo da Conselleria de Cultura

- Inscricción no Rexistro da Conselleria de Medio Ambiente e desenvolvemento sostible

- Inscricción na Federación Val do Arnoia

- Realización da Excursión o Parque Natural de Cabarceno, Santillana del Mar, Comillas

- Organización da I do Entroido 2008

- Participación no desfile do entroido 2008

- Organización das festas Patronais 2008, levando acabo a I Carreira Popular, I Noite Musical Baños de Molgas e a I cea popular da camiseta.

- Curso de Embotado de Pementos

- Organización da Exposición do traballo realizado por Ambrosio Borrajo " A Virxe dos Milagres"

- Organizacion do XXVIII Magosto Popular

- Concurso de debuxo

- Concurso de Balcons

- Reivindicación o Concello da cesión dun local social para a Asociación

- Reivindicación a delegación de Medio Ambinte da procedencia de espuma que transcurre polo rio Arnoio o longo do pobo

- Conseguiuse unha subvención de 772€ dende a Secretaria Xeral de Comunicación para adquisición dun equipo de són

- Conseguiuse unha subvención de 771€ para gastos do I Noite Musical Baños de Molgas

- Conseguiuse unha subvención de 400€ da Secretaria Xeral de Comunicación para a creacción dunha paxina web

- Informamos os pescadores de como solicitar cotos de pesca por Internet.

- Inscribimonos no programa de Agader de Medio Rural.

- Adquiriuse un xenerador

2º Punto

Comunicase os Veciños asistentes que a Asociación de Veciños ten pensado intentar realizar as seguintes actividades:

- A I festa do Forno co tradicional xogo das Olas 14 de Febreiro

- A II Cea Popular do Entroido

- Excursions

- Inscricción  para participar no programa Luar da TVG

- Exivición de Piragüismo

- Festas Patronais 2009

O presidente comunica que de maneira que todalas Asociacións de Veciños de todo o Concello teñen unha cuota, e como hai unha demanda de organizar cursos por parte dos socios da Asociación de Veciños de Baños de Molgas, e que a hora de solicitar subvencións para eses cursos e obrigatorio que a Asociación debe efectuar o pagamento dos gastos e logo xustificalos mediante transferencias bancarias, antes de que ingresen os cartos dende a Administración para ese fin, e debido a que Asociación non ten o suficiente diñeiro para organizar ditos cursos proponse solicitar os socios a aportación de 5€ anuais. Logo de unha votación a proposta apróbase por maioría.

3º Punto

Comunicase a tódolos asistentes que neste momento encontrase na Conta que a Asociación de Baños de Molgas ten en Caixa Nova unha cantidade de 839,36 € estando a disposición de todo aquel veciño que queira ver calquer factura ou xestión que se realizou.

4º Punto

Non havendo rogos e preguntas dase por rematada a sesión extraordinaria as 17:30 horas do día 31 de xaneiro do 2009

En Baños de Molgas

Asdo. Javier López Fernández 

Secretario Asociación de Veciños de Baños de Molgas.

 
Siguiente >