Molgas

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
  • default color
  • red color
  • green color
Xunta Directiva e Estatutos PDF Imprimir E-Mail
lunes, 23 de noviembre de 2009

     Con data 20 de novembro de 2007 a xunta directiva da A.V.V de Baños de Molgas ante o Rexistro Central de Asociacións que regula a organización e funcionamento dos rexistros de asociacións da comunidade Galega e elexida en Asamblea Extraordinaria o 13 de outubro de 2007 queda configurada como segue:

 

PRESIDENTE/A: José Manuel Rodríguez Fernández

VICEPRESIDENTE/A: José Fernández Pato

SECRETARIO/A: Javier López Fernández

TESOREIRO/A: Marcos Ferreño Delgado

VOCAIS: 1._ José Angel Garrido Rouco

                  2._Bruno López Ferro

                  3._Roberto Gándara Carballo

                  4._Vanessa Rodríguez Cabo

 
 
ESTATUTOS   
  
CAPíTULO 1.-   DENOMINACION, OBXECTO E ENDEREZO 
 
Artigo 1º.-         
              - De acordo ca vixente normativa e ca Lei de 24 de Decembro de 1.964, e disposicións complementarias, constitúiese a Asociación de Veciños Baños de Molgas, do concello de Baños de Molgas (Ourense), e o seu ámbito territorial de actuación abarcará todas aquelas zonas que territorialmente se consideran do citado Pobo.                                      
              - A Xunta Directiva poderá amplia-lo ámbito territorial de actuación cando o considere de interés para o cumplimento dos seus fins.
             - A Asociación fixa, provisionalmente, o seu enderezo social na Rúa Samuel González Movilla 62, Baños de Molgas, do concello de Baños de Molgas (Ourense), cos fins e actividades que a continuación se detallan
  
 Artigo 2º.-            
        Son fins da Asociación, o estudio e a defensa dos intereses xerais dos seus asociados sobre problemas comúns que lle afecten. 
 
Artigo 3º.-            
          Para o cumprimento destes fins, a Asociación de Veciños Baños de Molgas fomentará e organizará as actividades que a continuación se relacionan, aténdose á lexislación vixente.             
a) Colaboración para a resolución de tódolos problemas que afecten ó seu ámbito territorial, tales como Urbanismo, Consumo, Beirarrúas, Rúas, Sumidoiros, Recollida de Lixo, Zonas Verdes, Regulación do Tráfico, e Outros Servicios, así como calquera outro tipo de proxectos, que, de algún modo, poida afectar ó ámbito de actuacióin da Asociación, sen invadir en ningún momento, as atribucións de Autoridades Municipais e Organismos Oficiais e solicitando cantas autorizacións e permisos sexan precisos en cada caso.              
b) Atende-las necesidades sociais e familiares de tódolos veciños no  referente á Hixiene, Urbanismo, Ensino, Consumo, Cultura, Deportes, Recreo e Beneficiencia.              
c) Promove-las accións necesarias para garanti-los intereses dos asociados pola promoción integral das persoas a través da solución dos problemas colectivos.                        
d) Exercer, dentro das súas posibilidades, o asesoramento dos dereitos e deberes dos asociados en ditas cuestións; das accións que lles competen e dos procedementos a seguir, ante as correspondentes Xurisdicións. 
e) Actividades artísticas e culturais: conferencias, cursos especializados, concursos, etc.  
f) Iniciativas sociais que de conformidade coa Lei de servicizos sociais, e os regulamentos que a desenvolven, levan a cabo programas e prestan servizos sociais nos seguintes niveis de atención e áreas de actuación:·                     
         -Servicios sociais de atención primaria·
         -Servicios sociais especializados na área de atención  ás persoas con discapacidade, co obxecto de acadar a suá máxima autonomia e independencia.·        
         -Servicios sociais  especializados na área de atención ás persoas maiores, orientados á consecución ás persoas maiores, orientados á consecución do seu benestar, autonomia e integración social.

·         Servicios sociais especializados na área de atención aos menores.

·         Servicios sociais que afecten  os  veciños de Baños de Molgas.

 

    Artigo 4º.-            
          A duración da Asociación de Veciños Baños de Molgas será ilimitada e constitúiese sen ánimo de lucro, gozando de persoalidade xurídica, capacidade e competencias para o cumplimento dos seus fins e a realización de actividades específicas definidos nestes Estatutos, dacordo cas prescripcións das Leis.  
CAPÍTULO II.-     OS SOCIOS, DEREITOS E DEBERES, ADMISIÓN E PERDA DESTA CUALIDADE  
Artigo 5º.-            
              Os asociados aceptan íntegramente o disposto nos presentes Estatutos, así como os Acordos da Xunta Directiva e Asemblea Xeral.
  
Artigo 6º.-            
              Os requisitos para ser socios son os seguintes:
               - Tódolos que teñan vinculación familiar ou patrimonial con Baños de Molgas.
               - Ser maior de idade, estar en posesión dos seus dereitos civís, sen distinción de sexo, e ter interés en servir ós fins da Asociación.
               - Poden pertencer á Asociación os menores de idade, sen voto nen dereito a ser electores e elexibles, ata cumprir a maioría de idade legal
               - Formaliza-la solicitude de ingreso ante a Xunta Directiva.
               - Recibi-la aprobación da Xunta Directiva.  
Artigo 7º.-            
             Clases de Socios. Os Socios poden ser:
               - Honorarios, elexidos a proposta da Xunta Directiva e ratificados en Asemblea Xeral.
               - Fundadores, os que suscriben a Acta Fundacional.
               - Ordinarios ou de número, que serán tódolos demáis.   
Artigo 8º.-            
              DEREITOS E OBRIGACIONS DOS SOCIOS:
               Tódolos asociados teñen os mesmos dereitos e obrigacións.  
Artigo 9º.- 
            DEREITOS
               1.-       Gozar dos servicios e ventaxas da Asociación e asistir ós seus Actos, Exercita-los Dereitos Estatutarios e Acordos da Xunta Directiva.
               2.-       Asistir ás Asembleas e ser designados pola Xunta Directiva para as Comisións e Seccións que, no seu caso, se creen.
               3.-       Propoñer á Sección á que pertenza, ou á Xunta Directiva, calquer suxerencia, queixa, crítica, reclamación ou obrigatoriedade de observación, que se farán directamente e por escrito e con absoluta claridade á Xunta Directiva, con dereito á contestación nos mesmos términos.   
Artigo 10º.-         
          DEBERES             
            Observación dos Estatutos e Regulamentos de Réxime Interior e Ordes da Xunta Directiva e Asemblea Xeral; correcto e cordial comportamento cos demáis Socios; satisface-las cotas acordadas e aceptación, excepto por renuncia xustificada, dos cargos para os que sexa proposto.  
Artigo 11º.-
          Ningún asociado poderá realizar, a título persoal ou en nome da Asociación, acto algún análogo ós que exercita a Asociación, en beneficio común, sen previa comunicación e aprobación pola Xunta Directiva.   
Artigo 12º.-
          Ningún asociado poderá, tanto el como os directivos, tratar de utiliza-la Asociación con fins estrictamente políticos, de carácter partidista.  
Artigo 13º.- 
          Os Socios causarán baixa polas seguintes razóns:
               1.-       Renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva, con efectos a partir do seu coñecemento pola mesma
.               2.-       Por falta de pago das Cotas Sociais. Pasado o prazo regulamentario e esgotadas as advertencias que pola Xunta Directiva se consideren oportunas, salvo xustificación aceptada pola Xunta Directiva. Poderá, non obstante, ser readmitido cas xustificacións pertinentes e que serán debidamente valoradas pola Xunta Directiva.
               3.-       Por acordo da Xunta Directiva. Por conducta incorrecta, desprestixio da Asociación con actos ou palabras. Por perturba-la boa administración e goberno da administración da Asociación, acto de pasividade e omisión voluntaria en prexuízo da labor e obxectivos da Asociación. Comisión de calquera falta de mérito nos seus fins. Concederase un prazo de máis de dous días para presentar descargo.
               4.-       Non será motivo de expulsión: Por profesar calquera ideoloxía ou credo relixioso ou político, sempre que, con iso, non se prexudique directamente ós fins da Asociación.   
Artigo 14º.-
         RECURSOS:
               O afectado poderá recurrir ante a Asemblea Xeral e aínda interpor recurso ante os tribunais competentes.     
Artigo 15º.-
          CONSECUENCIAS DA BAIXA:
               Perda de tódolos dereitos da Asociación e fora das xestións que se realicen en beneficio común ou particular.  
CAPITULO III.-    ADMINISTRACION E GOBERNO  
Artigo 16º.-
          REXEMENTO:
               A Asociación de Veciños Baños de Molgas, do concello de Baños de Molgas (Ourense), rexirase polos Estatutos e, no seu defecto, pola Lei 191/64 de 24 de decembro e demáis normas vixentes, así como polos acordos da Asemblea Xeral Extraordinaria.  
Artigo 17º.-
          XUNTA DIRECTIVA:
               - A Xunta Directiva da Asociación estará composta da seguinte maneira: un PRESIDENTE, un ou dous VICEPRESIDENTES, un TESOUREIRO-CONTADOR, un SECRETARIO e diversos VOCAIS.               - Asimesmo poderase nomear un PRESIDENTE DE HONOR.
      Artigo 18º.-
        NOMEAMENTO DA XUNTA DIRECTIVA:
               Será nomeada pola Asemblea Xeral, previa votación nominal dos candidatos proposta polos Socios, ó menos 10 socios, que formarán a candidatura. Os candidatos teñen que ser socios cunha antelación mínima de UN MES. Farase en Asemblea Xeral Extraordinaria, anunciada con 10 días de antelación, convocatoria na que se fará constar o fin da mesma. Os candidatos terán que obter os 2/3 dos votos e serán proclamados na mesma Asemblea Xeral Extraordinaria ou noutra a tal efecto convocada para a toma de posesión.  
Artigo 19º.-
          DURACION DA XUNTA DIRECTIVA:
               Será de CATRO ANOS e podendo ser obxecto de reelección.   
Artigo 20º.-
          SUSTITUCIONS:
               En caso de ausencia, enfermidade, dimisión ou vacante, os cargos serán substituídos da seguinte maneira: O Presidente polo Vicepresidente. O Secretario polo Vocal máis novo. O Tesoureiro polo Vocal máis vello. Os demáis cargos serán nominados pola Xunta Directiva de entre os máis votados nas últimas eleccións. Ratificaranse na primeira Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebre. Os acordos tomaranse ca asistencia da mitade máis un dos compoñentes, incluído, obrigatoriamente, o Presidente ou Vicepresidente da Asociación, resolvéndose por maioría simple.  
Artigo 21º.-
          ATRIBUCIONS:
               1.-       Plena representación legal da Asociación, representada á súa vez polo Presidente.
               2.-       Asesorarse e asistirse do persoal idóneo.
               3.-       Admisión de Socios.
               4.-       Cumprimento dos Estatutos, Normas, Regulamentos e Disposicións en vigor.
              5.-       Traza-las orientacións para o cumprimento do obxecto social e arbitrar medios e procedimentos para o seu desenvolvemento.
               6.-       Organizar e dirixi-los servicios da Asociación e nomear e separar ó persoal subalterno e auxiliar.
               7.-       Formaliza-los contratos necesarios.
               8.-       Decidir sobre queixas, reclamacións e suxerencias que foran formuladas polos Socios.
               9.-       Decidir sobre a baixa dos Socios.
               10.-     Proporlle á Asemblea Xeral a reforma dos presentes Estatutos, si fora necesario.
               11.-     Decidir sobre causas de expulsión.
               12.-     Convocar elección de cargos da Xunta Directiva e propo-los candidatos que se presenten por estes cargos. Igualmente os que pretenden a reelección con CINCO días de antelación á celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria, independentemente dos propostos.
               13.-     Designar ponentes da Xunta Directiva, asociados membros de elección, comisións e subcomisións, delegados ou axentes na poboación ou fóra dela, con facultades ou poderes necesarios ó cumplimento da misión en causa.
               14.-     Convoca-la Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria. Todos estes cargos da Xunta Directiva serán obrigatorios e gratuítos.   
 Artigo 22º.-
          FALTAS DOS MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA
               - As faltas previstas no art. 13º (apartados 1, 2 e 3) decidiranse por acordo da mitade máis un dos compoñentes da Xunta Directiva -permanencia ou non no cargo-.
               - Igualmente é atribución da Xunta Directiva separar da súa función e cargo ó membro da Xunta Directiva que falte 3 veces seguidas sen xustificación ás reunións ou 5 veces nun ano, tamén sen xustificación, que incumpla deficientemente a misión encomendada, e outra falta ou deficiencia que ó seu entendemento constituia causa eficiente para a mesma, sempre dependendo de ulterior definición da Asemblea Xeral Extraordinaria.
               - No suposto de que sexan varios os inculpados, os restantes, se son a mitade máis un, poderán convocar unha Asemblea Extraordinaria que resolverá a súa dimisión ou non.
               - Se a maioría da Xunta Directiva fose infractora, calquera do resto dos membros poderá, según o párrafo 1 do art. 32, convocar Asemblea Xeral Extraordinaria.
               - Se as faltas ou infraccións fosen motivo de expulsión, actuarase según o establecido nos artigos 13, 14 e 15 dos Estatutos.   
Artigo 23º.- 
          CONTRATACIONS E ESTADO DE CONTAS:
               A Xunta Directiva ten opción de contratar e retribuir ó persoal técnico ou especializado que estime idóneo para as súas necesidades, así como aprobación e aboamento de toda clase de servicios, honorarios e minutas, dereitos, gratificacións, relacionadas con fins da Asociación e aínda a colocación do seu activo e inversión de fondos sociais na forma financieira que estime máis convinte, digo, máis económica e adecuada. A petición da Asemblea Xeral Extraordinaria, a Xunta Directiva formulará o correspondente estado de contas, para coñecemento xeral e aprobación en Asemblea.  
Artigo 24º.-
          COMPROMISO DA PRESTACION DE SERVICIOS:
               Son obrigacións da Xunta Directiva:
               - A prestación dos seus servicios.
               - Dar coñecemento da súa xestión e decisións ó corpo especial para iso convocado, os seus acordos son executivos.
               - Comunicarse cos asociados por medio de circulares, cartas, informes, notificacións, avisos, etcétera, en asuntos de importancia.
  
Artigo 25º.-
          O PRESIDENTE
               Personifica a autoridade suprema da Xunta Directiva e da Entidade. Calquera acto da Asociación precisará do seu necesario refrendo. Exerce a representación e firma da Asociación en nome da que asinará documentos públicos e privados de calquera índole. Ó Presidente correspóndelle:
               - Convocar e presidir a Xunta Directiva.
               - Personifica-la Asociación ante toda clase de Autoridades, Tribunais, Organismos Públicos e Privados, incluído o apoderamento a procurador dos Tribunais.
               - Adoptar medidas de urxencia no goberno e administración da Asociación, dándolle conta á Xunta Directiva na primeira reunión.
               - Coidar do cumprimento dos presentes Estatutos e dos acordos adoptados pola Asemblea Xeral Extraordinaria e Xunta Directiva.
               - Subscribir co Secretario as actas das sesións, documentos públicos e privados.
               - Autorizar, co seu visto bo, os documentos da Tesourería.
               - Ordenar cobros e pagos. En xeral, todas aquelas funcións que se atribuian á presidencia.
       Artigo 26º.- 
         O VICEPRESIDENTE
               Tódalas atribucións do Presidente no caso da súa sustitución por ausencia. Auxiliar ó Presidente nas súas funcións cando sexa solicitado por éste.
   Artigo 27º.- 
         O SECRETARIO
               Custodia dos Libros, documentos e selos da Asociación. Rexistro de Socios con altas e baixas en comunicación co Tesoureiro. Redacción das Actas das Asembleas Ordinarias e Extraordinarias, e das reunións da Xunta Directiva que asinará o Presidente. Libramentos de certificacións con referencia ós libros e documentos da Asociación. Tódalas funcións que comunmente se atribuian ó seu cargo.  
Artigo 28º.- 
         O TESOUREIRO-COTADOR
               Custodia-los fondos da Asociación. Efectuar cobros e pagos que o Presidente lle ordenare e anotalos no Libro de ingresos e gastos. Firma dos documentos de Tesourería, que deberán ser visados polo Presidente e intervidos polo contador. En xeral, as funcións que se atribuien ó seu cargo según a costume e a práctica social.  
Artigo 29º.-
          OS VOCAIS
               Asitencia ó local social no turno que lle corresponda e cuia periocidade será fixada pola Xunta Directiva. Suplir ós demáis membros da Xunta Directiva nos casos previstos nos presentes Estatutos. Dar conta ó Presidente da súa xestión e votar asuntos que non se debatan no seo da Xunta Directiva e desempeñar misións inherentes ó seu cargo.  
Artigo 30º.-
              ASEMBLEAS XERAIS ORDINARIAS E EXTRAORDINARIAS
               As Asembleas Xerais son o órgano expresivo da vontade dos Socios. Poden ser Ordinarias e Extraordinarias.   
Artigo 31º.- 
           ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
               Reunirase unha vez ó ano no Mes de Marzo, convocada pola Xunta Directiva con DEZ DIAS de antelación e ca Orde do día a ser sometida á súa consideración, con indicación do Lugar, Data e Hora da reunión. Non poderán ser considerados asuntos fóra da Orde do día. Os Acordos serán tomados por maioría simple. As súas facultades son:
               - Coñecer tódolos asuntos referentes á Asociación e votación dos que a Asociación crea conveniente.
               - Sanción das contas anuais da mesma.
               - Aprobación de plans e proxectos según os fins da Asociación.
               - Lectura da memoria anual prevista nos Estatutos, na que a Xunta Directiva da conta da súa xestión e Estado de contas e que se someterá á aprobación da Asemblea Xeral.
               - Calquera outra facultade lexítima non atribuíble á Asemblea Xeral Extraordinaria.
               - As aprobacións da Xunta Directiva. As presentadas polos Socios e formuladas por escrito e asinadas e ca súa presencia, entregadas na Secretaría dous días antes da reunión.   
Artigo 32º.-
          ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
               Reuniranse por razóns de urxencia, cando o considere necesario a Xunta Directiva, cando o solicite un número de Socios non menor de VINTECINCO (25), convocados cun mínimo de CORENTA E OITO HORAS (48), previo aviso de tódolos socios polos medios máis eficaces.
               Adoptará os seus acordos por maioría de DOUS TERCIOS dos presentes. As súas funcións son:
              1ª.-      Nomeamento de cargos directivos.
              2ª.-      Disolución da Sociedade.
              3ª.-      Modificación dos Estatutos.
              4ª.-      Disposición ou enaxenación de bens.
              5ª.-      Variación de cotas.
              6ª.-      Traslado de domicilio social.
              7ª.-      Proposicións acordadas pola Xunta Directiva. Proposicións presentadas polos Socios, por escrito e asinadas polos presentes, entregadas en Secretaría, DOUS DIAS antes.
  
Artigo 33º.-
          PRESIDENTE E SECRETARIO DAS ASEMBLEAS
               Serán Presidente e Secretario das mesmas, os da Xunta Directiva, a non ser para tratar unha moción contra membros da Xunta.   
Artigo 34º.- 
         ACORDOS
               Os acordos da Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria contarán ca mitade máis un dos Socios en primeira convocatoria e, de non ser así, media hora despois en segunda convocatoria ca asistencia dos membros que houbese.     
Artigo 35º.-
        CARACTER DA ELECCION
               A elección de cargos será secreta. Nos demáis casos será pública ou secreta, según decida a propia Asemblea. 
  
Artigo 36º.-
          AS ACTAS 
              As Actas das Asembleas, reflexarán fielmente e escuetamente as opinións dos Socios e as decisións que se adopten, podendo, a petición do oponente, citarse textualmente as opinións, se a súa importancia o esixise.
  CAPITULO IV.-    RECURSOS   
Artigo 37º.-
          Serán recursos da Asociación, os seguintes:
               - As cotas de entrada que sinale a Xunta Directiva.
               - As cotas anuais que acorde a mesma.
               - Os doativos, subvencións ou legados incondicionados recibidos legalmente.
               - As rentas que produzan os seus bens e as aportacións extraordinarias que en Asemblea Xeral Extraordinaria se soliciten polos Socios en casos excepcionais. A cuantía das cotas será fixada pola Xunta Directiva.  
Artigo 38º.-
          PATRIMONIO FUNDACIONAL E PRESUPOSTO
               O patrimonio fundacional da Asociación é NULO no momento da súa Constitución. O Orzamento Anual da Asociación poderá exceder de SEISCENTOS EUROS (600 €.)  
Artigo 39º.-
          A Administración dos Fondos Sociais corresponderá á Xunta Directiva e a custodia ó Tesoureiro, según o disposto nos presentes Estatutos.   
Artigo 40º.-
          Para altera-las cotas necesítase o acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria.  
Artigo 41º.-
          A Asociación, mediante a Xunta Directiva, previo acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria, poderá conceder ou solicitar e formalizar préstamos de persoas físicas, xurídicas, públicas ou privadas según se determine.  
CAPITULO V.-     DISOLUCION DA ASOCIACION   
Artigo 42º.-
          - A Asociación só poderá disolverse por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para ese fin, tomado polos DOUS TERCIOS dos presentes, sempre que exista QUORUM (a mitade dos membros máis un)                                
          - Non se producirá se un 25% dos Asociados están decididos a continuala, comprometéndose por escrito a sostela económicamente e tomando así as responsabilidades sociais.
 
Artigo 43º.-
          EXECUCION DA DISOLUCION
               Nomearase pola Xunta Xeral Extraordinaria unha Comisión liquidadora que procederá á enaxenación dos bens sociais destinando o sobrante, se o houbera, a fins benéficos e sociais
.  CAPITULO VI.-   INTERPRETACION DOS ESTATUTOS   
Artigo 44º.-
          - A Xunta Directiva interpretará os presentes Estatutos, resolverá sobre as cuestións previstas neles, dando conta á primeira Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebre posteriormente
.         - Os presentes Estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante os acordos válidamente adoptados pola Xunta Directiva e Asemblea Xeral, dentro das súas respectivas competen
 

Visitas

Hoy12
Ayer17
Semanal43
Mensual102
Todas5436

(C) Fliesenstadt

Encuestas

¿Qué che parece a nova WEB?
 
¿Ten fillos predilectos Baños de Molgas?
 
¿ Que che gusta mais?